The End of the Road (2017)
Created by Alberto Guntín, Xosé Morais, Víctor Sierra
Episodes
Episode 1Episode 1Gonzalo, de 14 anos, consegue salvar ao seu irmán Estevo, de dez, pero non pode impedir o asasinato da súa nai nin o secuestro do seu irmán Pedro, de 12, por guerreiros musulmáns. Os dous cativos viaxan cos superviventes do ataque a Santiago, onde se está a comezar a construír a catedral. Dez anos despois, Estevo traballa como aprendiz baixo as ordes de Bernardo o Vello nas obras do templo, que xa toma forma. Soña con ser construtor, pero parece carecer de talento necesario, ata que un misterioso monxe lle comeza a facilitar solucións arquitectónicas nunca vistas. Gonzalo, pola súa banda, é xefe da Garda do bispo de Compostela, Diego Peláez, e está casado con Elvira, a boticaria da cidade. Pese ao ben que lle van as cousas, non se libra da culpa de ter abandonado ao seu irmán Pedro. Porén, a chegada á cidade da raíña Constanza cambiará a súa vida e a historia. A raíña viaxa a Compostela para conseguir a prata da cidade e, con ela, axudar a Afonso VI no sitio de Toledo e tamén para informar a Gonzalo de que o seu irmán está vivo e preso alí. Pola súa banda, a súa muller terá que facer fronte aos intentos de Tomás por controlar os negocios relacionados co hospital en que traballa Elvira. O comerciante controla pola forza todos os negocios dunha próspera Compostela, que comeza a recibir peregrinos e non deixa de crecer.
Episode 2Episode 2Diego Peláez continúa coa teima de poñer a García no trono. Para iso precisa a alianza con Guillerme de Normandía, a cal se fraguará por medio da súa filla Adela, que chega a Compostela e se converterá na arma que Peláez necesita para convencer aos nobres de Galicia. Con todo, isto debe facelo ás costas de Gonzalo, que agora cumpre unha misión para a raíña Constanza que ten que ver con el. A situación entre Peláez e Gonzalo pronto se complica e, sen unha garda fiel, o bispo comeza a planear a forma de asegurarse o poder.
Episode 3Episode 3O exército de Afonso VI chega ás portas de Compostela disposto a arrasar a cidade. O seu obxectivo é poñer fin á traizón de Peláez. Gonzalo, escondido no monte co que resta da garda, consegue que se lle concedan dous días para deter o bispo e, así, impedir que o pobo sufra as consecuencias dunha guerra. Xunto co seu irmán Pedro, penetra nas murallas de Compostela para depoñer a quen un día foi o seu Dómine e pai. Pero a cidade está tomada polos mercenarios de Tomás e os seus poucos aliados que lle guedan a Gonzalo ou están mortos ou van camiño diso. Pola súa banda, os nobres galegos, reunidos no palacio de Peláez, esperan a que o Rei García volva ocupar o trono de Galicia para sublevárense contra Afonso. Pero primeiro deben liberalo. Nuno, acompañado dos seus mellores homes, agarda acampado nas inmediacións do Castelo de Lúa, onde García está preso. Pero entrar non vai ser tan doado como tiñan planeado, xa que alguén informou das súas intencións. Estevo, alleo a todo isto, continúa inmerso na construción da súa catedral. As innovacións do monxe cada vez son máis espectaculares e arriscadas e os canteiros dan en dubidar de que as súas propostas sexan viables. Estevo, cegado pola súa fe no monxe, impón as súas ideas pola forza sen ter en conta os perigos que iso pode carrexar. Ao mesmo tempo, na corte de Toledo, o corazón e as políticas de Afonso VI empezan a abrandarse en virtude da influencia de Zaida, algo que Constanza non pode permitir. Coa axuda de Ximena, revélalle ao rei que a filla de Al-Mu´tamid ten un amante. Un acto que desencadeará funestas consecuencias na corte e fará que Constanza rememore un sorprendente amor do seu pasado.
Episode 4Episode 4A cidade de Compostela atópase agora na miseria. A situación é insostible, o que obriga a Gonzalo a facerse valer hoxe en para evitar unha traxedia. E sempre que a miseria campa ás súas anchas, hai alguén que saca beneficio. Neste caso, Tomás. A fame á que están sometidos os escravos musulmáns provoca que un neno roube pan no mercado e, na súa fuxida, un mercador remate morto. Tomás, para evitar ser acusado de causar os problemas da cidade, ofrece unha recompensa pola cabeza do mozo mouro. Mais este non é o único problema de Gonzalo. Os escravos reclaman xustiza para Ahmed e que Pedro sexa xulgado por asasinato.
Episode 5Episode 5A raíña Constanza, empeñada en que Urraca sexa rexente, proponlle un trato a dous reos polo que lles promete a liberdade a cambio de que protexan a súa filla Urraca e o seu prometido daqueles que intentan impedir o seu matrimonio. Pouco despois de anunciarse o compromiso, un grupo de nobres casteláns, que se fan chamar conxurados de San Xoán, matan un cabaleiro francés próximo a Raimundo e ameazan a súa vida. A misión destes dous novos gardas será desenmascarar aos conxurados e protexer os futuros condes de Galicia.
Episode 6Episode 6A ameaza dos Conxurados de San Juan segue infundindo temor na Corte, e máis agora que saben que o líder e traidor é unha persoa próxima a eles. A única opción de que o Rei saia con vida pasa por fiarse dun desatinado plan de Gonzalo e Animal co que pretenden descabezar a conxura. Pola súa banda, Constanza está enferma, e a persoa que máis sofre por ela non é o seu marido nin a súa filla, senón un soldado convertido en mercenario que a amou unha vez e que a continúa amando agora. Nos arredores de Compostela, Satanás, un sanguinario bandido, rouba, mutila e asasina todo aquel peregrino que se cruza no seu camiño.
Episode 7Episode 7Transcorrida mais dunha década da morte da raíña Constanza e os nacementos dos fillos de Urraca e Pedro, Gonzalo exerce en Toledo como titor de Sancho Alfónsez, descendente de Afonso VI e de Zaida, polo menos, oficialmente. Pero o que motiva a Gonzalo a educalo e convertelo nun guerreiro é algo máis ca a fidelidade ao Rei, que, co paso dos anos, foi perdendo vitalidade e delegando en Sancho. Tanto é así que, por indicación do Rei, titor e alumno terán que acoder á liña de fronte para combater os almorábides, onde Gonzalo buscará vingarse de Yusuf, que comanda as tropas, e mais do seu irmán Pedro, a quen imaxina loitando á beira do inimigo.
Episode 8Episode 8All 8 episodesA cidade espera ansiosa a inminente inauguración da Porta de Praterías. Toda menos Odamiro, que aínda vai tentar destruíla. Estaban, pola súa banda, está intranquilo. Aínda lle falta unha imaxe para terminar a súa obra. Unha imaxe que evoque o perdón e faga que todo peregrino que cruce a porta sinta o amor de Deus. Pero a idea non chega. Pola súa banda, Gonzalo, logo de vivir 20 anos nunha mentira creada pola traizón de Pedro, sustentada pola prata de Tomás e alimentada polas mentiras de Xelmírez, prepara a vinganza contra o seu irmán. E haberá enfrontamento entre os dous. Urraca será outra das grandes protagonistas deste derradeiro capítulo.
Cast & Crew
Similar titles




























